@media only screen and (max-width: 479px) { .dos-columnas .et_pb_column { width: 50%!important; } }

Máis dun cento de propostas para Bergondo,
porque Bergondo merece máis

6

Cultura

6

Cultura

Promoción da cultura galega en todas as súas expresións (teatro, música, literatura…).

Potenciación do Festival Folk de Guísamo introducindo novas actividades, como artesanía, libraría ou gastronomía, implicando agrupacións e comercio locais.

Apoio ás agrupacións locais de baile e música tradicional e outras novas expresións artísticas.

Programa de ocio alternativo para a mocidade no que sexan partícipes do que queren, autoxestionada, abrindo “de verdade” a Casa da Mocidade e enchéndoa de actividades apoiadas polo concello.

Conversión da Senra no eixo principal da cultura de Bergondo cunha programación cultural estable para todas as idades e coa promoción dos nosos artistas: escritores, músicos, actores…

Apertura da cafetaría da Senra como lugar de reunión veciñal.

Creación de escolas municipais de música e teatro.

Consideración e promoción dos artistas bergondeses e as súas obras.