@media only screen and (max-width: 479px) { .dos-columnas .et_pb_column { width: 50%!important; } }

Ideas-forza

Comercio e hostalaría, industria e emprego. Sector agrícola e produtores locais

Comercio e hostalaría, industria e emprego. Sector agrícola e produtores locais

Posta en valor e promoción de sectores estratéxicos para o noso Concello: panadarías e pastalerías, sector agrícola, xoiería, con diversas propostas tales como espazos de coworking, fomento do emprendemento e novas tecnoloxías, entre outros.Apoio a pequena e mediana empresa, e persoas autónomas, asesoramento en exportación, novas tecnoloxias, I+D+i, comercialización. Realización de cursos con saida laboral dacordo coas empresas e creación dun viveiro de empresas (LIGAL).

Plataforma de venta on line, creada polo concello e posta a disposición de todas as empresas que queiran usala. Dinamización a iniciativa do Concello para o impulso do comercio local e do polígono.

Axudas para os procesos de dixitalización que se queiran emprender.

Dixitalización e mellora da competitividade. Oficina de apoio á xestión de subvencións.

Plan de turismo sostible financiado por fondos europeos. Bergondo destino sostible.

Eixes: eficiencia enerxética, sinalización intelixente para información á cidadanía, estratexia de transformación dixital para mellora da competitividade, accesibilidade en zonas históricas (ruta dos pazos), mellora de elementos patrimoniais e etnográficos, de rutas e de patrimonio: pazos e monumentos e recursos naturais e patrimoniais, entre outros.

Deportes

Deportes

Centro de actividades naúticas no Pedrido, reordenación da zona. Aparcamento caravanas, novo parque infantil e pista polideportiva.

Piscina e ximnasio municipal na parcela para usos deportivos do poligono.

Completar as áreas de ocio existentes no concello. En concreto, a carón da praza pública de Ouces cubrindo a polideportiva, construindo o local social de Gandario e destinar o de Cangas a vivenda social.

Educación, Cultura, Participación cidadá, Benestar social e xuventude

Educación, Cultura, Participación cidadá, Benestar social e xuventude

Creación dunha auténtica biblioteca municipal, ben dotada e pertencente á rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia. Con apertura continua e dotada de recursos tecnolóxicos adaptados aos  novos tempos.

Mellora das condicións para acceder ao servizo de comedor das escolas unitarias, máis asequible para as familias. Axudas aos estudos.

Conversión da Senra no eixo principal da cultura en Bergondo, coa modernización das actividades culturais infantís e xuvenís e unha programación cultural estable para todas as idades.

Melloras relativas á benestar social (axuda no fogar, xantar na casa, …) que inclúan a dotación de máis servizos e a construcción dun centro de día e un xeriátrico públicos.

Oficina de Rexistro e Atención á cidadanía con resposta ao cidadán garantida.

Mellora das actividades de conciliación (tramitación, duración, condicións…).

Medio ambiente e defensa dos animais

Medio ambiente e defensa dos animais

Finalización da extensión do saneamento a todo o concello, priorizando Lubre, única parroquia completa sen este servizo.

Patrimonio natural, paisaxísticos, arquitectónico e histórico.

Adquisición da Quinta Cortón para patrimonio público.

Transporte e comunicacións

Transporte e comunicacións

Posta en marcha do BerBus, liña de autobús municipal que dará servizo a todas as parroquias e o polígono.

Mellora da seguridade en todas as parroquias con sendas nas vías máis transitadas.

Urbanismo, vivenca e infraestructuras

Urbanismo, vivenca e infraestructuras

Prioridade moi alta a actualización e tramitación urxente do PXOM, cun urbanismo moderno, xunto coa ampliación e solución dos problemas de inundación do polígono industrial. Inclusión de solo dotacional.

Banco municipal de vivendas baleiras e habilitación como vivendas de urxencia social dos edificios públicos baleiros.