@media only screen and (max-width: 479px) { .dos-columnas .et_pb_column { width: 50%!important; } }

Máis dun cento de propostas para Bergondo,
porque Bergondo merece máis

8

Participación cidadá

8

Participación cidadá

Realización de consultas populares e elaboración de forma participativa e real dos orzamentos municipais e do PXOM, de xeito que a veciñanza e as entidades sociais acheguen ideas e inquedanzas, non só cada catro anos.

Mellora do regulamento de participación cidadá para facelo máis operativo, resolutivo e vinculante.

Traslado dos proxectos de obras públicas á veciñanza afectada, para que coñezan características e cronograma, acheguen ideas, e minimizar así as molestias e optimizar o resultado final.

Gasto xustificado e contratación de obras, servizos e subministración nas mellores condicións de prezo e calidade, dun xeito aberto para que poidan concorrer todas as empresas interesadas. Non valorar unicamente o factor prezo.

Redución de gastos superfluos: publicidade para «autobombo» do goberno, propaganda e gastos protocolarios.

Regulamento do gasto en cargos políticos e de confianza, mantendo o salario que se cobraba no anterior traballo. A política non ten por que facer perder cartos a quen participa nela, pero tampouco enriquecer de xeito desmesurado a conta da veciñanza.

Reparto xusto dos recursos para o que se establecerán bases con criterios obxectivos e regrados que rexan as axudas e subvencións, asegurando a concorrencia igualitaria e reducir ao máximo os convenios «a dedo».

“Despachos Abertos” para libre acceso da cidadanía.

Control cidadán dos cargos públicos a través de encontros nos que se rendiran contas e mediante ferramentas informáticas que realicen o seguimento do programa de goberno de xeito que a información da xestión pública sexa controlable, accesible e entendible.

Oficina de Rexistro e Atención á cidadanía con resposta ao cidadán garantida.

Recepción de Queixas e Suxestións, con resposta e información sobre a súa xestión.

Publicación da axenda, e actos institucionais que se realicen e dos gastos públicos.