@media only screen and (max-width: 479px) { .dos-columnas .et_pb_column { width: 50%!important; } }

Máis dun cento de propostas para Bergondo,
porque Bergondo merece máis

6

Educación

6

Educación

Acondicionamento e mellora da Biblioteca Municipal, e/ou posibilidade de facer unha nova: actualización dos fondos bibliográficos, posta en marcha da biblioteca itinerante polos locais sociais, apertura continua en época de exames e integración na rede de bibliotecas da Xunta, para ter maiores vantaxes.

Ampliación das prazas de educación infantil, creando unha nova escola nas proximidades do polígono que dea servizo á veciñanza e á xente que vén traballar a Bergondo.

Conservación e mellora das instalacións do CPI Cruz do Sar e atención ao seu alumnado fóra dos horarios lectivos.

Mellora do aparcadoiro, da accesibilidade e da seguridade no entorno do Cruz do Sar.

Promoción xunto co CPI Cruz do Sar e a Comunidade Escolar, dun patio inclusivo.

Clases de reforzo nos diferentes locais sociais para os estudantes que o necesiten.

Mellora do servizo de comedor para as escolas unitarias con menús adaptados elaborados pola hostalería local coa posibilidade de incluír “madrugadores”, e facer o servizo máis asequible para as familias en canto ao seu coste.

Cursos de lingua de signos.

Modernización das actividades culturais infantís e xuvenís, do verán e nas vacacións, baseado na idea dun lecer saudable: remo, escalada, danzas urbanas, …

Programa para favorecer o coñecemento do Concello entre nenos/as e mozos/as a través do estudo da súa historia.

Axudas aos estudos nas Escolas Oficiais de Idiomas e nos Conservatorios de Música.

Solicitude da reactivación da Escola Oficial de Idiomas de Betanzos (de carácter comarcal).