@media only screen and (max-width: 479px) { .dos-columnas .et_pb_column { width: 50%!important; } }

O Polígono Industrial de Bergondo
Merece Máis!

Creación dun viveiro de empresas e un centro de transformación agropecuaria. no edificio abandonado do LIGAL.

Apoio de proxectos emprendedores creando espazos gratuítos de traballo compartido, coworking.

Fomento dunha cooperativa incentivadora da recuperación de oficios que impliquen reparación, mantemento e reciclaxe, integrando o punto limpo con estes.

Fomento do sector das novas tecnoloxías.

Plataforma de venta on line (hai que buscarlle un nome), creada polo concello e posta a disposición de todas as empresas que queiran usala. Dinamización. Iniciativa do Concello para o impulso do comercio local e do polígono.

Axudas para os procesos de dixitalización que se queiran emprender. Dixitalización e mellora da competitividade.

Constitución da Comisión Mixta de Xestión do polígono, formada por representantes do polígono e do concello, que permitirá desenvolver un traballo continuo de evolución e mellora do polígono tendo en conta as súas necesidades de forma directaYOficina de apoio á xestión de subvencións, participación en proxectos de investigación e innovadores, tanto nacionais como internacionais.

Deseño dun plan de emprego local adaptado ás necesidades das empresas do polígono. Análise de necesidades, cursos formativos, … entre outros.

Incentivos fiscais a aquelas empresas que contraten veciñanza de Bergondo.

Creación da oficina de apoio ao emprendemento para a internacionalización e apertura de mercados no exterior, cun labor formativo global e xeral, sobre economía, RRHH, novas tecnoloxías..

Concesión de beneficios por inicio de actividade e por creación de emprego.

Realización de cursos formativos e obradoiros nas ramas con maior saída laboral (soldadura, atención sociosanitaria…) tendo en conta as necesidades e demandas das empresas bergondesas, e fomento de convenios con estas para a contratación posterior.

Constitución da oficina de información empresarial para apoiar ás empresas locais en materia tecnolóxica: información sobre I+D+i, protección de datos, presenza web, dixitalización.

Convenio municipal coa Cámara de Comercio.

Recuperación e mellora da feira de exposicións de empresas e artesáns.

Potenciación de proxectos baseados no “Emprego verde”. Pertencemos á reserva da Biosfera, polo que se debe fomentar a xeración de emprego baseado na horta ecolóxica, facilitando novas canles de distribución e comercialización.

Creación dunha piscina na parcela para usos deportivos do polígono e traslado do ximnasio municipal.

Ampliación das prazas de educación infantil, creando unha nova escola nas proximidades do polígono que dea servizo á veciñanza e á xente que vén traballar a Bergondo.

Mellora e ampliación da depuradora do polígono industrial.

Bonificación nas taxas e impostos para instalar placas solares nas empresas e vivendas.

Implantación dunha liña de transporte que conecte as parroquias cos centros de saúde, o concello… e outros lugares de interese. Ampliación dos horarios e liñas que pasan polo polígono industrial.

Ampliación do polígono industrial e creación de zonas de aparcadoiro no mesmo.

Campañas de promoción do comercio local e realización das compras entre a produción local creando así sinerxías.

Promoción e posta en valor do pan, empanada e doces de Bergondo.

Emisión dun certificado profesional de xoiaría.

Constitución da Comisión Mixta de Xestión do polígono, formada por representantes do polígono e do concello, que permitirá desenvolver un traballo continuo de evolución e mellora do polígono tendo en conta as súas necesidades de forma directa.