@media only screen and (max-width: 479px) { .dos-columnas .et_pb_column { width: 50%!important; } }

Máis dun cento de propostas para Bergondo,
porque Bergondo merece máis

11

Urbanismo, vivenda
e infraestruturas

11

Urbanismo, vivenda
e infraestruturas

O PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) é básico para deseñar o Bergondo que queremos ser nun futuro a medio/longo prazo. Apostamos por completar núcleos existentes, afastado do modelo de grandes urbanizacións, participado por toda a sociedade e primando o interese xeral.

Inclusión de solo dotacional para aquilo que poderemos precisar como a ampliación do colexio, a creación dun centro de día ou novas instalacións deportivas, culturais, …

Ampliación do polígono industrial e creación de zonas de aparcadoiro no mesmo.

Plan de humanización e revisión da mobilidade, que inclúa a instalación de mobiliario urbano e mellor coidado dos espazos públicos, como prazas, parques, beirarúas…

En Guísamo, renovación do entorno do centro de saúde (zona de aparcamentos) e a praza publica.

Ampliación do aparcamento na Brea (Guísamo), chegando a acordos coa propiedade de fincas céntricas baleiras para habilitalas como parking público.

Banco municipal de vivendas baleiras para alugueiro a prezo taxado.

Habilitación como vivendas de urxencia social dos edificios públicos baleiros: antigas escolas unitarias de Guísamo ou Cortiñán, ou as reitorais de Cortiñán e Lubre.

Penalización no IBI das vivendas baleiras propiedade de bancos e empresas para fomentar o alugueiro.

Axudas a restauración de vivendas en núcleos tradicionais con características salientables como Mariñán.

Reitoral de Guísamo. Estudo para a súa rehabilitación para uso público. De non ser posible, insistir na súa conservación por parte do Arcebispado.

Mellora no servizo de internet fibra óptica en todo o concello. Licitación do servizo de telefonía do concello incluíndo unha cláusula na que a compañía gañadora teña que instalar a fibra onde non exista.